Ashaninkas

TÍTULO: Asháninkas.
AUTOR: Xosé Abad.
FICHA TÉCNICA: A exposición consta de 16 fotografías en cor de 120 x 80 cm, listas para expor, cos seus pés de foto.


A fotografía xogou desde sempre un papel decisivo coma documento social. Na sociedade occidental, abrumada por miles de imaxes de violencia, temos superado o "umbral do horror", resultando difícil separa-la realidade da ficción. Deixando aparte a utilización catastrofista e oportunista da traxedia, é certo que sen a difusión das imaxes do desastre non se tivera producido a resposta mundial solidaria das sociedades ricas. Esta colección é o resultado dese traballo e dunha experiencia personal estimulante, sendo a súa pretensión a de rendir un homenaxe a un pobo, o asháninka, que coma tantos outros non quere máis que vivir en paz e dignidade.

 

Idiomas