Oficios
Título: "Oficios entre lusco e fusco"
Dirección do proxecto e fotografías: Xosé Abad.
Produción: EAF Producións.
O autor interrógase sobre o desenvolvemento de determinados valores asociados ao desempeño do traballo; a calidade da produción, a experiencia como chave desa calidade e a transmisión dos modos de produción dunhas xeracións a outras. Por iso deténse en oficios que parecen estar a piques de desaparecer, desde a vocación de documentar tanto a destreza como os trebellos empregados en ditas labouras.